FANDOM


Como xurde? Que marca o comezo?Edit

A Segunda república é un período provocado por unha sociedade que esixía un cambio. O descontento cara a monarquía de Alfonso XIII e o réxime ditatorial que vivía o país radicalizase e mostrase nunha clara oposición ó réxime de Primo de Rivera a pesares dos seus éxitos na política económica. Isto da lugar á dimisión do ditador en xaneiro de 1930. Medio ano despois, as forzas políticas republicanas (tanto da esquerda coma da dereita), realizan o Pacto de San Sebastián, mostrándose opostos ó réxime monárquico e ditatorial.

As eleccións municipais do 12 de abril de 1931, se ben mostran unha maior parte de concelleiros monárquicos no cómputo total, serven para demostrar o descontento popular na maioría das capitais de provincia nas que gañan os republicanos. Isto provoca o abandono do país na madrugada do 14 de abril por parte de Alfonso XIII e a posterior proclamación da Segunda República.

Para este concepto clave de causalidade, habería que empregar un procedemento explicativo no que os alumnos poidan explicar as causas que dan paso á Segunda República.

Cal é o período de tempo que abarca? En que períodos se divide?Edit

A Segunda República en España vai dende o 1931 (14 de abril, proclamación) ao 1936 (17 de xullo, golpe de estado), se ben moitos expertos consideran que remata no 1939 ao finalizar a Guerra Civil e o goberno do Frente Popular.

Está dividida en tres claros períodos que difiren entre si nos gobernos que tiñan: bienio progresista (1931 – 1933), bienio conservador (1934 – 1935) e o Frente Popular (1936).

Este contido baséase no concepto clave de temporalidade, polo que utilizarase un procedemento de secuenciación e evolución temporal.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.