FANDOM


Cantos eran? Cal era o censo daquela época? Cantas persoas nacían? Cantas morrían? Cales eran os movementos migratorios máis destacados?Edit

A comezos de 1931, España contaba con 23.563.867 habitantes, cunha densidade de 46,7 habitantes por quilómetro cadrado. En 1936, alcanzou os 24.693.000. Un 48,8 por cento eran homes, e un 51,2, mulleres.

A poboación repartíase de maneira moi desigual pola xeografía nacional. Era mais densa nas zonas costeiras, na área de Madrid e na Andalucía occidental, mentres que as comarcas montañosas de Aragón e grandes porcións de Castela a Vella, León e Estremadura estaban escasamente poboadas. O crecemento vexetativo era sostido, no torno a un once por mil anual, e producíase especialmente na Galiza, Estremadura e Andalucía, mentres que as cifras mais baixas, aínda que non inferiores ao 8 por mil, dábanse nas provincias mediterráneas.

A taxa bruta de natalidade baixou do 28,3 en 1931 ao 25,9 por mil en 1935, e a taxa de reprodución -número de fillos por muller- descendeu case a metade, de 1,8 a 1, durante o quinquenio, pero estas cifras víronse compensadas pola continua baixada da mortalidade, que sendo de 17,3 por mil habitantes en 1931, chegou a situarse nun 15,7 en 1935. A esperanza de vida, sen embargo, seguía a ser baixa, xa que non chegaba ós cincuenta anos para os varóns e apenas os superaba nas mulleres.

Tamén xorde o fenómeno da emigración interior, dende os pobos ás cidades e máis adiante ata rexións industrializadas, como foron as comunidades de Madrid, Cataluña, País Vasco ou Asturias. Este proceso mantívose ata o inicio da Guerra Civil, e ó seu remate retómase o movemento migratorio continental cara Francia e transoceánico cara América do Sur.

O contido deste punto baséase no concepto clave de identidade xa que consta na explicación do concepto e sobre cómo pasou. Traballarase cun procedemento que permita aos alumnos interpretar os censos e os procesos migratorios mediante gráficos de barras e interpretación de mapas.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.