FANDOM


A que se adicaban?Edit

Cales eran os sectores económicos principais?

Na España da II República, o sector económico máis importante era o primario (agricultura, gandería, pesca e minería) sendo a agricultura a principal fonte de recursos para a maior parte da poboación. Aínda así, o sector secundario (industria) e o terciario (servizos), xuntos, superaban ó primario.

Na Galiza do momento, os sectores máis desenrrolados eran a agricultura e a gandería nos pobos do interior e nos pobos costeiros a principal fonte de recursos era a pesca, aínda que tamén se adicaban a gandería e a agricultura.

Este concepto baséase no concepto clave de identidade, polo cal o alumno explicará cómo pasou e cómo ocorreu, e no concepto clave de diversidade, polo que pode explicar as diferenzas entre os distintos sectores. O procedemento que se usará de de comparación e análise dos oficios e das clases sociais da época.

Como era a gandería? Como era a pesca? Como era a agricultura? Como era a minería?

Dende a proclamación da Segunda República, o tema do campo, en especial a lei da reforma agraria chegou a ser prioritario. Esta reforma tratouse tanto no goberno provisional como no que se formou trala aprobación da constitución de 1931.

As primeiras disposicións en canto a reforma agraria foron por unha parte a obrigación dos patróns agrícolas a dar traballo de forma preferente aos traballadores das fincas municipais. Por outra parte, estableceuse o funcionamento de xurados mixtos no traballo rural, parecidos aos da industria. Isto significou unha mellora nos salarios agrícola, aplicouse a xornada de oito horas, a prohibición de desafiuzamento dos pequenos propietarios agrícolas e a obrigación para os propietarios de ter labradas e en cultivo todas as terras, de acordo cos usos e costumes do lugar.

En canto á minería, uns 70.000 obreiros, case todos mineiros e, na súa maior parte, afiliados á UGT apoderáronse de toda a conca mineira asturiana, dende Mieres ata Oviedo e convocouse unha folga xeral en toda España. Estes obreiros constitúen en Mieres un comité revolucionario para organizar tódalas operacións e ditar as medidas de carácter revolucionario (confiscaron fábricas, crearon un exército obreiro e incautaron o ouro do Banco de España en Oviedo). Isto provocou unha dura represión e goberno mostrouse incapaz de solucionar os conflitos sociais.

En canto a gandería na Galiza da Segunda República esta dábase nos pobos do interior, que xunto coa agricultura eran os sectores máis desenrolados do momento.

En canto os pobos costeiros o sector máis desenrolado era o pesqueiro. As familias destes pobos adicábanse tanto a pesca, a agricultura coma a gandería, é dicir, empregaban unha cultura e gandería de subsistencia e na pesca era onde obtiñan os beneficios económicos.

Actualmente as granxas españolas están en gran parte mecanizadas e contan con ordenadores e matadoiros modernos, grazas a renovación en gran parte imposta pola Unión Europea.

En canto a gandería ten unha gran importancia económica, xa que constitúe aproximadamente o 42% do valor da produción agraria.

A pesca hoxe en día e unha actividade moi importante en España, é tamén a primeira potencia pesqueira da Unión Europea. Ademais é unha das principais potencias pesqueiras do mundo xunto a países como Xapón, Rusia e Estados Unidos. Este importante posto mundial está vinculado o feito de que en España consúmese unha gran cantidade de pescado.

Este contido desenrólase no concepto clave de identidade cun procedemento de análise da realidade tendo un contacto directo coa mesma, tanto por medio dunha visita a unha granxa escola coma por medio da utilización de fontes orais para a reconstrución do pasado.

Cales eran as clases sociais do momento?

As clases sociais durante a segunda república dividíanse en tres grupos, a oligarquía (aristocracia e alta burguesía), as clases medias, que era a baixa burguesía (funcionarios, comerciantes, pequenos comerciantes...) e as clases traballadoras (campesiñado e proletariado).

Este punto está englobado dentro dos conceptos clave de diversidade, conflito e interrelación, e se desenrola en procedementos de comparación da realidade pasada e actual, así como a relación existente entre as diferentes clases.

Cales son a diferenzas entre as diferentes clases sociais?

As desigualdades entre as clases sociais eran moi grandes, sobre todo entre a clase alta e as clases baixas. Estas non tiñan ningún privilexio mentres que as clases altas os tiñan todos. As clases baixas vivían e traballaban en condicións pésimas mentres que a clase alta tiña mellores traballos e explotaban os máis pobres. A clase media vivían ben, situada no medio das outras dos clases, nunha posición cómoda.

Esta pregunta respóndese no contido clave de diversidade, conflito, interdependencia, interrelación e desigualdade. Trabállase con procedementos de relación entre clases e oficios que mostran as diferenzas existentes entre elas.

Cales eran as clases máis e menos privilexiadas en España? E en Galiza?

As clases máis privilexiadas na España e na Galicia do momento eran a aristocracia e a alta burguesía. Estas clases sociais tiñan un nivel adquisitivo moito maior, o que lles permitía entre outras cousas, ter un acceso á educación que non tiñan o resto das clases. Mentres, as clases menos privilexiadas eran a clase media e os campesiños e proletarios, que non tiñan o mesmo poder adquisitivo e sufrían explotación e analfabetizazón , sobre todo nas clases máis baixas.

Este contido trabállase dende os conceptos clave de interdepencia, conflito e desigualdade, realizando procedementos de relación que mostran as diferenzas existentes entre as clases máis privilexiadas respecto ao resto.

Existen conflitos entre as diferentes clases sociais?

Sempre houbo conflitos sociais entre as diferentes clases, xa que cada unha tiña os seus propios ideais. Xeralmente, os conflitos prodúcense contra as clases altas por parte das clases baixas e medias.

As clases baixas comezaron reivindicaron a súa situación laboral e económica,xa que querían mellorar a súa situación, polo que as súas reivindicacións pasaron despois ao ámbito político. As clases altas impoñían os seus ideais e mandaban sobre as clases baixas, o que daba lugar aos conflitos sociais entre as diferentes clases.

Traballamos este contido dende os conceptos clave de conflito, diferenza e interrelación, con procedementos de relación que mostran as diferenzas existentes entre as clases máis privilexiadas respecto ao resto.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.