FANDOM


Como era a cultura?Edit

Como era a Educación?

Antes da segunda república, a educación era impartida en conventos e centros relixiosos. Cando comeza a República, faise unha reforma na que se aproba a escolarización de toda a poboación, ampliase a idade escolar e a educación é impartida polo estado.

Este contido baséase no concepto clave de diversidade, e para isto empregaremos un procedemento de comparación entre diferentes fontes e vestixios históricos.

Quen educaba, onde e para que?

Os profesores eran os encargados da educación nas escolas, que debían ser laicas, gratuítas e únicas. A función da escola era estender os principios da república.

Ao igual que o anterior, este contido baséase no concepto clave de diversidade, e para isto empregaremos un procedemento de comparación entre diferentes fontes e vestixios históricos.

Que similitudes e diferenzas hai coa educación actual?

Un dos adiantos da segunda república foi a creación de escolas mixtas, nas que os nenos e nenas recibirían as clases no mesmo edificio. Nos pobos da Galiza isto foi moi difícil de alcanzar, xa que seguían dividindo aos nenos e nenas en diferentes aulas, e na maioría dos casos, as nenas tiñan unha mestra e os nenos un mestre.

As similitudes que existen ca educación actual son que a escola hoxe en día é pública, gratuíta e todos temos dereito a unha educación, a cal, é rexida polo estado.

Este último contido sobre a educación baséase no concepto clave de diversidade, identidade e semellanza/diferenza, no que empregaremos o procedemento

Cales eran las linguas máis usadas?

Durante este período, convivían no estado Español diferentes linguas empregadas en diferentes territorios.O idioma oficial era o Castelán, e por exemplo en Cataluña convivían o Castelán e o Catalán, no país Vasco falábase o castelán e o Euskera, e en Galicia, falábase o Galego, o cal convivía co Castelán. Mención especial ao feito de que no Val de Arán falábase e se segue a falar o aranés. Hoxe en día se seguen a falar todas estas linguas e incluso se ha conseguido que se teñan como idiomas oficiais.

En Galicia pretendíase chegar a máis sitios co Galego, e esta lingua difúndese a través de diversos autores coma Vicente Risco, Castelao ou Otero Pedrayo entre outros.

Este contido baséase no concepto clave de identidade, no que empregaremos procedementos de comparación e descrición da realidade.

Como era a arquitectura?

En canto ó arte, o movemento arquitectónico do momento denominábase “Movemento moderno”. Este movemento supón a introdución de correntes de vangarda europeas.

Este contido basease no concepto clave de identidade, no que empregaremos o procedemento

Que monumentos máis significativos había na Galiza do momento?

O monumento máis significativo na Galiza daquela época era o mercado de San Agustín de A Coruña, o cal se converteu en todo un símbolo de modernidade na época.

Este contido basease nos conceptos clave de identidade e evidencia, no que empregamos procedementos de visualización de vestixios históricos.

Cales eran os principais movementos da literatura do momento?

Durante a época de 1920, fundouse A Xeración Nos, un decisivo acercamento á literatura, ao artístico e á política que desenvolveu a cultura galega. Este grupo influíu nas Irmandades da Fala e máis tarde na creación do partido Galeguista. O núcleo Ourensán, formado por Risco, Otero Pedrayo e Cabanillas e ó que se unirán máis tarde Castelao e outros, editarán a revista Nos.

A actividade intelectual da Xeración Nós desenvolveuse a través da publicación de obras literarias, históricas, etnográficas e a participación en institucións culturais coma o Seminario de Estudos Galegos, fundado por un grupo de estudantes da universidade compostelá.

Este contido basease nos conceptos clave de evidencia e identidade, no que empregaremos procedementos de análise e relación coa realidade.

Onde se reunían os artistas e literatos?

Os artistas literais reuníanse en cafés intelectuais, onde charlaban sobre literatura e política. En Galicia e máis concretamente en A Coruña, un lugar moi concorrido era “A cova Céltica”.

Este contido basease no concepto clave de identidade no que, ao igual que no contido anterior, empregaremos procedementos de análise e relación coa realidade.

Cales eran os bailes e festas de Galiza? Por que se facían estas festas? Como eran os bailes e festas rexionais? Seguen sendo as mesmas festas hoxe en día?

As festas na Galiza da segunda república eran, polo xeral, adicadas a un santo, santa ou virxe, en definitiva, á relixión católica. Dependendo do pobo, adicábaselle a festa a un santo ou outro dependendo de cal fora o patrón do pobo.

A festa máis significativa por excelencia era a ofrenda ao Apóstolo Santiago, na catedral de Santiago de Compostela.

Galicia ten un rico folclore, o cal se practicaba sobre todo nas romarías. A danza principal empregada era a muiñeira, que é a danza típica da nosa comunidade.

Hoxe en día séguense a practicar as mesmas festas relixiosas pero tamén existen outras festas sen contido relixioso coma por exemplo “a festa da pataca”, “a prehistoria de Mos” ou “O festival folk de Ortigueira”.

Este contido basease nos conceptos clave de identidade, causalidade, empatía e evidencia, nos que empregaremos procedementos de comparación e análise de vestixios históricos.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.