FANDOM


Cal era a situación política na España do momento? e en Galiza?Edit

Tras rematar a ditadura de Primo de Rivera en xaneiro do ano 1930 e logo o reinado de Alfonso XIII en abril do ano 1931, deixase paso aberto á República.

Aínda que inicialmente a República estaba ven vista pola maior parte do país, os cales pedían un cambio político, o problema chegou coa división política do país en grupos de dereitas, esquerdas e propiamente republicanos.

Na Galiza había dúas tendencias fundamentais: a que correspondía á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e por outro lado o Partido Galeguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas en varias figuras como por exemplo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. En 1936 o PG aliouse co Frente Popular para lograr o estatuto para Galiza mais non tivo éxito aínda que o final lográrase o Estatuto.

Neste contido trabállanse os conceptos clave de cambio, causalidade e diferenza mediante procedementos de uso de fontes e vestixios históricos.

Cambiou a situación política hoxe en día en España? E na Galiza?Edit

A democracia española é sen dúbida un cambio profundo e necesario para o noso país. Unha vez desaparecido o Caudillo (o ditador xeneral Franco), o proceso de apertura e democratización acelerouse baixo o reinado de Juan Carlos I.

Hoxe en día España é unha monarquía constitucional, no que o xefe do estado é o Rei Juán Carlos I, o xefe do goberno e o posuidor do poder executivo é o presidente do goberno José Luís Rodríguez Zapatero, o poder lexislativo téñeno as cortes e o poder xudicial posúeno os xuíces e maxistrados.

Actualmente na Galiza o Presidente da Xunta é Alberto Núñez Feijóo do Partido Popular. Foi nomeado Presidente da Xunta polo Parlamento de Galicia o 16 de abril de 2009.

A súa reforma que máis chama a atención é o decreto polo cal se trata de dividir a ensinanza en Galego, Inglés e Castelán en igual proporción. A sociedade galega atópase dividida por este feito, xa que hai xente a favor e en contra da mesma, a cal reduce o porcentaxe de sinaturas que se impartían en Galego.

Neste contido trabállanse os conceptos clave de semellanza e diferenza mediante procedementos de uso de fontes e vestixios históricos.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.