FANDOM


En que crían e que mentalidade tiñan?Edit

Cal era a relixión e a mentalidade na Segunda República?

A xerarquía eclesiástica era moi conservadora na Segunda República e trala aprobación da Constitucióno enfrontamento entre Igrexae Estadoagravouse.

Producíronse sentimentos claramente divididos: a dereita defendía que se mantiveran os privilexios concedidos á Igrexa, mentres que entre algúns republicanos de esquerda e sindicalistas medraba un forte sentimento anti-clerical, que chegouse a manifestar en queimas de igrexas.

As medidas principias que adoptou o goberno naquela época foron as seguintes: separación da Igrexado Estado, a liberdade de cultos, o matrimonio civil, a secularización dos cemiterios, a extinción do orzamento do clero (vixente dende o Concordato de 1851), o divorcioe a prohibición da educación dirixida por eclesiásticos.

Para este concepto clave de identidade habería que utilizar un procedemento explicativo no que os alumnos poidan explicar a mentalidade de España e na Galiza na Segunda República e saiban determinar os factores que influían na sociedade.

Segue sendo igual a mentalidade de hoxe en día?

Hoxe en día o 77,3% dos españois son católicos, segundo un estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicasrealizado en 2007. Seguindo aos católicos, os ateosou agnósticossupón o 18,9% e outras relixións minoritarias o 1,7%. No entanto, a porcentaxe de practicantes é moito menor.

Un dos puntos máis polémicos da educación obrigatoria é o tema da sinatura de relixión, na que nais, pais e mestres teñen as opinións divididas. Estas van dende a educación católica obrigatoria ata ningunha ensinanza de ningún tipo de confesión nas escolas e institutos.

Este concepto clave de semellanza/diferenza utilizaríase un procedemento de comparación coa realidade actual.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.