FANDOM


Como vivían?Edit

Como era a vestimenta?

Nesta época comezan a verse cambios na roupa. As saias e vestidos comezan a cortarse (xa que a intención é ensinar máis as pernas) e os homes comezan a vestirse de forma informal.

Na Galiza do momento vestíase de escuro, as mulleres levaban un pano na cabeza e os homes vestían de traxe.

Na actualidade, a vestimenta é moi variada. Úsanse moitas cores, e dependendo da estación do ano predominan uns ou outros. A vestimenta é igual en todo o territorio español, xa que a moda ven para tódolos lugares da mesma maneira e so cambia de ano en ano e durante as estacións.

Mediante os conceptos clave de identidade e diversidade explícase este contido que trata de mostrar un dos aspectos máis relevantes da sociedade da época mediante procedementos de comparación e uso de vestixios históricos (fotografías).

Como era a alimentación?

A alimentación do proletariado era pobre e pouco variada. Levaba o 64% do presuposto familiar, o resto era para vestido, medicinas e vivenda. A poboación das clases baixas sufría unha moi mala alimentación e moitas veces sufrían desnutricións. Moitas veces un so soldo non chegaba para as necesidades da familia e era necesario o traballo feminino e o infantil para chegar ao nivel de subsistencia.

A alimentación en Galiza nesta época era igual de mala ou incluso peor, vivíase dunha agricultura de subsitencia e o gando que se tiña servía para dar de comer á familia.

A alimentación deste período comparada coa alimentación da actualizada é moi diferente, agora cómese calquera alimento, existen dietas para alimentarse ben.

Este contido trabállase dende o concepto clave de identidade e usando procedementos de utilización de fontes orais e comparación coa actualidade, así� como a estruturación e interpretación da realidade.

Cal era o nivel de saúde e hixiene?

As condicións de saúde e hixiene do proletariado era lamentables, e eran frecuentes as enfermidades. A xente da segunda república case non se coidaba, so as clases máis altas tiñan esa posibilidade xa que as clases máis baixas non tiñan os recursos para poder coidarse de forma satisfactoria.

A saúde e hixiene na Galiza non era moi distinta da de España e incluso podía ser algo peor. Sufríanse moitas enfermidades dado que as condicións de vida eran moi malas.

Hoxe en día en España é difícil encontrar sitios onde a hixiene sea mala. Cada día cóidase máis a hixiene e a saúde e inténtase non propagar enfermidades o que estas se dean na menor medida posíbel. Podemos dicir que a saúde e hixiene hoxe en día é boa xa que a xente cada vez cóidase máis.

Neste contido traballarase dende o contido clave de identidade e traballarase coa comparación do que pode verse nun entorno rural (neste caso unha granxa tradicional).

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.